viernes, 23 de abril de 2010

DÍA DO LIBRO

Hoxe 23 de abril, conmemoramos o día do libro.
Despois de facer un breve repaso pola historia do libro e recordar o motivo deste día sinalado, propóñovos que pinchedes neste debuxo para que comprobedes se sabedes tanto como credes...

O OSO DO ZAR

"BOOK"

jueves, 22 de abril de 2010

OBRADOIRO DE PLÁSTICA


No obradoiro de "Pixelandi@" poderedes ver, aprender e facer cousas novas. Hai unhas ferramentas online moi interesantes coas que se poden crear manifestacións artísticas de todo tipo.
Ánimo, hai un artista en ti!!

APRENDEMOS A DEBUXAR


Nestes dous enlaces comprobaredes como se poden debuxar animais, caras, obxectos... de forma moi sinxela. Sorprenderedes a todo o mundo cos vosos debuxos se seguides estes consellos!!

CIENCIAS, XEOGRAFÍA E HISTORIA...


Un xogo moi completo no que poderedes descubrir un montón de cousas interesantes sobre ciencias, xeografía e historia.
O número 3 é o que corresponde ao voso ciclo e idade.

miércoles, 21 de abril de 2010

XORNADA EDUCACIÓN VIARIA

viernes, 16 de abril de 2010

CONTOS



Un divertido xogo para crear contos "diferentes"...

PARTES DUN XORNAL


A modo de recordatorio deixo este enlace que pode aclararvos algunha dúbida para o traballo da Semana da prensa.

LECTURAS DIXITAIS

Aquí tedes enlaces de lecturas dixitais. Botádelle un ollo porque poden resultar moi interesantes para vós...

http://www.imaginaria.com.ar/ (Revista sobre literatura infantil).

http://www.xornal.com/ (Xornal galego dixital).

http://www.conmishijos.com/rincones2/rinconREPORTERO/ ( Revista Reportero Doc).

http://www.muyjunior.es/ (Revista Muy Junior).

miércoles, 14 de abril de 2010

VÍDEO A CORUÑA

martes, 13 de abril de 2010

SEMANA DA PRENSA

Esta semana estamos traballando a prensa.

Xa sabedes que non soamente se pode adquirir en formato papel, tamén existe o formato dixital!

A páxina que vos deixo non é un xornal, é a porta de entrada aos xornais de todo o mundo. Navegade polas cabeceiras da nosa rexión, cidade, país ou do outro extremo do mundo...

lunes, 12 de abril de 2010

A CORUÑA

lunes, 29 de marzo de 2010

DE VACACIÓNS!!



Estamos desfrutando dunhas merecidas vacacións que nos servirán para recargar pilas e volver con forzas para rematar o que nos falta de curso.

Pasádeo moi ben e se vos aburrides, xa sabedes cales foron as miñas instrucións... Se aínda así seguides sen saber que facer, propóñovos que volvades a repasar os xogos do blog desde o principio, que xa nin os recordaredes!!

Vémonos á volta...

miércoles, 24 de marzo de 2010

THE SKELETON AND HUMAN BODY SISTEMS



A VER SE SODES CAPACES, AGORA QUE SABEDES OS ÓSOS E OS SISTEMAS DIXESTIVO, RESPIRATORIO E UIRNARIO EN GALEGO, FACELO EN INGLÉS POR DEDUCIÓN!!!
PINCHADE NOS DOUS DEBUXOS QUE VAI POR PARTIDA DOBRE...

WEATHER


Un pouco de repaso de inglés non ben nada mal...

TELETRANSPORTÁMONOS NO TEMPO...


Nesta máquina do tempo, poderedes elixir o momento ou época na que queredes estar... é unha viaxe incrible, que época preferides?

MAPA FLASH INTERACTIVO


Con esta nova páxina poderás facer quebracabezas coas provincias, comunidades autónomas, relevo... de España e se vos atrevedes, cunha morea de paises do mundo!!

sábado, 20 de marzo de 2010

UN POUCO DE ALEGRÍA, QUE CHEGOU A PRIMAVERA!

HOXE COMEZA A PRIMAVERA!!

A primavera é unha das catro estacións das zonas templadas, a transición entre inverno e verán. O termo "primavera" provén de prima (primer) e vera (verdor). É o clima máis cálido e florecen as flores.
Comeza co equinocio de primavera (entre o 20 e o 21 de marzo no hemisferio norte, e entre o 22 e o 23 de setembro no hemisferio sur). Remata co solsticio de verán (sobre o 21 de xuño no hemisferio norte e o 21 de decembro no hemisferio sur).
Ás veces, é considerada coma os meses enteiros de marzo, abril e maio no hemisferio norte e setembro, outubro, novembro no hemisferio sur.

lunes, 15 de marzo de 2010

MAPA INTERACTIVO DE ESPAÑA


SITUACIÓN, RÍOS, MONTAÑAS, CLIMA E VEXETACIÓN.
AQUÍ ATOPARÁS TODO O QUE DEBES COÑECER DE ESPAÑA.

DESFACHICABOLA

Simplemente tes que mover a pa da dereita (co rato ou coas teclas [arriba] e [abaixo] ) de arriba a abaixo para que as bombas que andan pola pantalla non saian pola dereita.

Tes 5 vidas, e con cada vida que perdas, a mecha da túa dinamita irase queimando. O ordenador ten máis vidas ca ti, ¡co que tes que ser moito mellor ca el!

Hai 8 niveis, cada un máis difícil e moito máis rápido có anterior!
Boa Sorte!

A NOSA HOMENAXE ÁS MULLERES PONTEVEDRESAS

OS PERIGOS DE INTERNET

Moito coidado cando alguén ofrece "algo por nada" en Internet e che dea unha dirección á que acercarte por un agasallo. Se asistes debe ser cos teus pais.

Non respondas nunca a mensaxes ou anuncios que inclúan mensaxes agresivos, obscenos, ameazantes ou que te fagan sentir mal.

Non deas nunca información persoal sobre ti, o teu colexio ou a túa casa. Non envíes fotografías sen permiso dos teus pais.
Non concertes "citas a cegas" con descoñecidos sen a presenza e/o coñecemento dos teus pais. Recorda que a xente que navega por Internet non sempre é o que parece, porque non podes vela ni oíla. Por ex.: cando alguén che di por Internet que é unha nena de 12 anos, pode ser un señor de 45.

Intenta non utilizar o teu propio nome como nick en chats.
Coñece aos amig@s de Internet da mesma forma que coñeces a outros
amig@s. Non lles permitas cousas que non lles permitirías aos que tes agora.

COIDATE EN INTERNET!!

lunes, 8 de marzo de 2010

DÍA DA MULLER


Hoxe falamos do día da muller traballadora e do que cambiaron as cousas neste tempo...
Agardamos que todo siga mellorando.
Felicidades a todas as mulleres!!

sábado, 6 de marzo de 2010

FRASEOLOXÍA


XA SABEDES QUE SE HAI ALGO QUE ME APAIXONA DA LINGUA É A FRASEOLOXÍA. MIRADE O INTERESANTE QUE PODE CHEGAR A SER COÑECER FRASES FEITAS...A VER CANDO ME SORPRENDEDES FALANDO COMIGO ALGÚN DÍA CON ALGUNHA DESTAS...

O PREGUNTOIRO

UN DIVERTIDO XOGO CHEO DE PREGUNTAS DE ARTE, BIOLOXÍA, ETNOGRAFÍA, HISTORIA, LINGUA, LITERATURA, REFRÁNS E XEOGRAFÍA.
PÓDESE XOGAR EN SOLITARIO OU CONTRA UN, DOUS OU TRES COMPAÑEIR@S.
A VER ATA ONDE SODES QUEN DE CHEGAR!!

O LUNS 8 MARZO, DÍA DA MULLER TRABALLADORA

jueves, 4 de marzo de 2010

TODO E MÁIS SOBRE OS VERBOS...


NESTE ENLACE HAI MOITA INFORMACIÓN SOBRE DÚBIDAS QUE XURDEN COS VERBOS. AO FINAL HAI UNHAS ACTIVIDADES MOI INTERESANTES PARA REPASAR O QUE VAI ENTRAR NO EXAME.

VERBOS


OLLO!!!
ESTUDADE OS VERBOS E REPASADE PORQUE EN MOI POUCO TEMPO TEREMOS UN EXAME ORAL... E SEGUIREI PREGUNTANDO TODOS OS DÍAS...
COMPROBADE COAS ACTIVIDADES SE SABEDES CONTESTAR ÁS PREGUNTAS.

viernes, 26 de febrero de 2010

IDE BOTANDO UN OLLO PORQUE TRABALLAREMOS CON ESTA CORTOMETRAXE...

VELILA


AXUDA A VELILA A RECOLLER AS LARANXAS NESTE XARDÍN TAN ESPECIAL...

PREFIXOS E SUFIXOS

CANDO TEÑADES ALGUNHA DÚBIDA SOBRE OS PREFIXOS E SUFIXOS, PODEDES CONSULTAR ESTA PÁXINA ONDE APARECEN OS MÁIS HABITUAIS. NESTE MESMO ENLACE, VEREDES QUE APARECE UN CADRO DE MENÚ CON OUTROS TEMAS DE LINGUA QUE PODEDES CONSULTAR COMO: ACENTOS, DETERMINANTES, SIGNOS DE PUNTUACIÓN...

A MATERIA


SEGUIMOS REPASANDO COÑECEMENTO DO MEDIO...IDES SORPRENDER AO "DIRE" CANDO VOS PREGUNTE ESTE TEMA...

A ENERXÍA

PARA REPASAR O TEMA DE COÑECEMENTO DO MEDIO SOBRE ENERXÍA, POÑEDE GANAS EN RESPONDER ÁS CUESTIÓNS QUE SE VOS PLANTEXAN!!

A RODA

NESTE XOGO TEDES A OPORTUNIDADE DE DEMOSTRAR TODO OS COÑECEMENTOS QUE TEDES ADQUIRIDO NA VOSA LONGA VIDA... COMENTADE OS VOSOS RESULTADOS DESPOIS...

lunes, 22 de febrero de 2010

INTELECT


SEGUIDE AS INSTRUCIÓNS QUE VOS OFRECEN E SORTE!

MADELEINE


ESCOITADE CON ATENCIÓN A HISTORIA DESTA PORQUIÑA E XA ME CONTAREDES QUE VOS PARECEU.

B e V


REPASADE MOITO AS NORMAS DAS PALABRAS QUE LEVAN B E V PORQUE SERÁN PARTE FUNDAMENTAL DESTE TRIMESTRE.

viernes, 12 de febrero de 2010

ENTROIDO 2010

lunes, 8 de febrero de 2010

HABELAS HAINAS...




COUSAS DE BRUXAS...





ADIVIÑADE QUEN É...


DEBEDES ADIVIÑAR DATOS SOBRE ESTA PERSOA.
NA PÁXINA 1 TEREDES QUE COMPLETALOS.
NA PÁXINA 2 PODEREDES PREGUNTARLLE, E ÉL VOS CONTESTARÁ, ASÍ QUE NON OLVIDEDES POÑER SON PORQUE VOS FALARÁ!!
VEREDES QUE DIVERTIDO RESULTA IR ADIVIÑANDO POUCO A POUCO, ATA CONSEGUILO.

CREA AS TÚAS CONTAS

AQUÍ TEDES UNHA PÁXINA PARA QUE VÓS MESMOS CREEDES CONTAS
ARITMÉTICAS, COMA SE FOSEDES PROFESORES QUE DESEÑAN EXAMES. NON SEXADES MOI ESIXENTES... QUE LOGO FALADES DE MIN!!!

viernes, 5 de febrero de 2010

jueves, 4 de febrero de 2010

BOB ESPONJA XOGA AO BÉISBOL!!


PrimeIro escolle a orde na que saldrán a batear Patricio, Bob e Arenita. Escolle despois unha das tres pelotas da parte superior (dúas delas son especiais). Presiona click sobre o centro do taboleiro na esquina inferior dereita para axustar a forza e logo clica de novo para axustar o efecto.
Dádelle a xogar en pantalla completa, está máis chulo.

OUTRO BLOG INTERESANTE

DEIXOVOS O ENDEREZO DUN BLOG NO QUE IDES A ATOPAR COUSAS MOI INTERESANTES E CERCANAS, XA QUE TAMÉN PERTENCE AO NOSO COLE.
MIRADE O DO ENTROIDO PARA IR ENTRANDO NO TEMA, XA QUE DESDE HOXE COMEZAMOS COS PREPARATIVOS...

PINCHADE AQUÍ: http://mascotilandiavilaverde.blogspot.com/

"BUBURBUS"


AS PALABRAS QUE EMPEZAN POR BU-, BUR- E BUS- COMEZAN POR B, NON O OLVIDEDES!!

AS ESTRELAS


MIRANDO AS ESTRELAS TODO PARECE PEQUENO...

SISTEMA SOLAR


SABEDES TODO O QUE TEDES QUE SABER DO UNIVERSO?

lunes, 1 de febrero de 2010

SAÍDA AO TEATRO

viernes, 29 de enero de 2010

jueves, 28 de enero de 2010

SISTEMA SOLAR


PARA IR ENTRANDO NO NOVO TEMA, MIRADE ESTA APLICACIÓN SOBRE O SISTEMA SOLAR.

martes, 26 de enero de 2010

DÍA DA PAZ : O BLOG DE XIANA

DESPOIS DE LER E RELER O CONTO DE XIANA, IMOS FACER COMENTARIOS NO SEU BLOG SOBRE O ACOSO ESCOLAR.

Podedes ver o conto de novo.

É igual que no noso. PINCHADE NESTE ENLACE: http://xianadecide.blogspot.com/

viernes, 22 de enero de 2010

DÍA DA PAZ : ACOSO ESCOLAR

UN POUCO DE LINGUA...


NESTA OCASIÓN, DEBEDES DEMOSTRAR EN CADA PÁXINA QUE CONTROLADES DE: POESÍA, REFRÁNS, CLASIFICACIÓN DE PALABRAS SEGUNDO O SEU NÚMERO DE SÍLABAS, ...

lunes, 18 de enero de 2010

AVENTURAS DECIMAIS


UNHA VIAXE ALUCINANTE A TRAVÉS DOS DECIMAIS!!

PERLA E AS SÚAS ILLAS FAVORITAS




PODEREDES FACER UNHA VIAXE CON PERLA AS SÚAS ILLAS FAVORITAS,
XA VEREDES QUE DIVERTIDO!

miércoles, 13 de enero de 2010

BOB ESPONJA ESQUÍA!!


PARA QUE NON VOS QUEIXEDES,
AHÍ TEDES UN XOGO DE DIVERSIÓN...

O MISTERIO DA CASA ENCANTADA


HAI QUINCE POSIBILIDADES DE XOGOS DIFERENTES,
SE CLICADES EN CADA UN DESTES ORDENADORES.

OS NÚMEROS DECIMAIS

COMO HOXE COMEZASTES CO TEMA DOS DECIMAIS EN MATEMÁTICAS,
AQUÍ TEDES UNHA ACTIVIDADE PARA PRACTICAR.


O POBO

NESTE POBO TEREDES MOITAS POSIBILIDADES DE DESCUBRIR COUSAS NOVAS. SE PINCHADES NO PARQUE, NO COLEXIO OU NO POLIDEPORTIVO, DESCUBRIREDES COUSAS MOI INTERESANTES...

UN NOVO TRIMESTRE


XA ESTAMOS DE VOLTA PARA TRABALLAR MÁIS E MELLOR. INTENTAREMOS FACER Á VOLTA AO TRABALLO O MÁIS DIVERTIDA POSIBLE, DEIXO UNS CANTOS XOGOS NOVOS.