Con motivo do Día das Letras Galegas (que non é máis que un día de celebración da nosa riqueza cultural) permitídeme facervos unha achega das tres cancións máis sentidas de Galicia para min. Non deixedes de escoitalas... coñecelas é levar un pouquiño máis da nosa cultura nas costas.
"Unha noite na eira do trigo" é o sentir dun pobo marcado pola emigración.
"Lela" está escrita por Castelao para a súa obra teatral "Os vellos non deben namorarse".
"Negra sombra" é un poema de Rosalía de Castro, coa voz da galega Luz Casal e musicado polo gaiteiro Carlos Núñez.
Aí vai a miña pequena semente para que non se perdan as nosas raíces...
No hay comentarios:
Publicar un comentario